Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Nadal 2010
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
29/10/2010 Magosto 2010 en Brión Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
28/09/2010 Santa Minia recibe máis de 45.000 visitantes
Foros Relacionados
- Non hai

Programación de Nadal 2010

Casa da Cultura. Concello de Brión

Dende comezos de decembro xa se pode consultar o programa de actividades que o Concello de Brión ten preparadas para as vindeiras festas. Esta programación, que xa é un clásico nas actividades que o Concello programa, vai contar este ano con cinco actividades destacadas:

::O XIX Concurso de Tarxetas de Nadal::
Ata o 23 de decembro os escolares brioneses poden presentar as súas propostas para este ano na Casa de Cultura.

::Videoconferencias con Papá Noel::
Trala boa aceptación que tiveron o pasado ano, as videoconferencias con Papa Noel van ser outra das actividades destacadas. Durante os días 15, 16 e 17, os nenos e nenas de Brión poderán levar a cabo unha serie de videoconferencias dende o Telecentro de Brión co mesmo Papa Noel, que dende Laponia estará encantado de atender as preguntas e suxestións que os nenos e nenas de Brión teñan que facerlle.

::Visita dos Reais Paxes::
O mércores día 22 está previsto que os reais paxes, chegados de Oriente, visiten as escolas do concello para recoller as cartas para os Reis Magos e así ir adiantando traballo para que as Súas Maxestades non teñan que andar apurados a hora de entregar os agasallos.

::Obradoiros de Nadal 2010::
Trátase doutra actividade de grande aceptación entre os nenos e rapaces brioneses. Desenvolveranse do día 27 ao 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, no Centro Social Polivalente e na Escola Municipal de Música, de 10:00 a 13:30 h. A actividade está dirixida a rapaces de 3 a 12 anos de idade (nados entre 1998 e 2007). Ofértanse 80 prazas, con servizo de transporte ata o lugar da actividade. O prezo son 10 € a a inscrición está aberta ata o 10 de decembro.

::Teatro, música e maxia::
Unha programación para o tempo de lecer dirixida a toda a familia, que vai desenvolverse no Centro Social Polivalente ás 20:00 h., atendendo ao seguinte calendario:
VENRES 17: Teatro do Andamino “A lingua das bolboretas
SÁBADO 18: Música con Ludmila Orlova “Gala de Navidad”
MÉRCORES 22: Maxia. Symbiosis “Maxía ao cadrado”
XOVES 23: Música “Tempo de Nadal”

::XIV Festival de Títeres::
O Festival de Títeres, que este ano cumpre catorce anos, vai celebrarse no Centro Social Polivalente do 27 ao 30 de decembro, ás 17:30 h. Como todos os anos, o obxectivo desta programación son os máis cativos da casa, aínda que se trata dun festival que busca a participación de toda a familia. O cartel deste ano presenta:
LUNS 27:: Os Monicreques de Kukas “Un agasallo para Xaquín”
MARTES 28 ::Viravolta Títeres “Hip, Hip, Hurra”
MÉRCORES 29 :: Títeres Seisdedos: “Varietés”
XOVES 30:: Teatro Buratini “O pazo de papel”

::Visita das SS.MM. Os Reis Magos::
Como colofón ao programa de Nadal o Concello ten previsto facer a recepción oficial das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente o dia 5 de Xaneiro a partir das 17:00 hrs. A recepción farase no Pavillón Polideportivo Municipal e a saída será dende o Adro da Igrexa dos Ánxeles. Durante esta recepción os nenos e nenas de Brión terán tempo para falar cos reis para pedirlles os seus agasallos de primeira man.

Para rematar, só desexarlle aos veciños e veciñas, en nome do Concello de Brión, un Bo Nadal e un Venturoso ano 2011.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela