| 02/02/2012 | Entroido 2012 en Brión |
|---|---|
| 02/12/2011 | Nadal 2011: Felices festas! |
| 28/10/2011 | Magosto 2011 |
| 29/09/2011 | Santa Minia 2011 recibe a 35000 romeiros |
| 19/09/2011 | Celebrouse unha nova edición da Festa do Cabalo de Brión |
| 02/09/2011 | XXIX Festa do Cabalo de Brión |
| 02/09/2011 | Comeza a Romaría de Santa Minia 2011 |
| 19/07/2011 | Brión celebra a súa festa anual do folclore |
| 16/03/2011 | Gran asistencia de público ao Entroido 2011 de Brión |
| 18/02/2011 | Entroido 2011 |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 7 | Seg> |
O domingo 26 de febreiro celebrouse en Brión o tradicional Entroido, unha festa que convocou no pavillón polideportivo a un numeroso público que asistiu a un concurso de disfraces no que participaron grupos, comparsas e carrozas, ademais de disfraces individuais e de parella.
Porque o Entroido prolóngase en Brión unha semana máis, unha boa escusa para non gardar os disfraces o Mércores de Cinza e despedir a Don Carnal nunha festa que ano tras ano ten máis seguidores.
Os participantes, que se concentraron dende ás 16:00 h. na praza situada xunto a Carballeira de Santa Minia, iniciaron media hora despois o tradicional desfile que percorreu a Avenida de Santa Minia e o Paseo de Pedrouzos e rematou no pavillón polideportivo municipal.
Arredor das 17:30 h., as instalación polideportivas acolleron o concurso de disfraces, que contou coa animación do coñecido presentador Moncho Lemos. Os encargados de iniciar o espectáculo foron os máis cativos, os nenos e nenas que se presentaron na modalidade infantil, ata 11 anos de idade. A continuación desfilaron os integrantes da categoría de adultos individual e parellas, que deron paso aos grupos, comparsas e, por último, ás carrozas.
Tralo remate do concurso, mentres o xurado se retiraba a deliberar, a orquestra Os Satélites animou o baile de disfraces, que se prolongou durante aproximadamente unha hora, tempo no que o xurado acordou conceder os seguintes premios:
MODALIDADE INFANTIL (ata 11 anos)
1º Premio (vale por 50 € en mat. didáctico ): Quique Pazos Carou “Un zapateiro do tempo das pesetas”
2º Premio (vale por 40 € en mat. didáctico ): Alberte López Freire “Tintín en Brión”
3º Premio (vale por 20 € en mat. didáctico ): Mario Cordo Nieto “A avoa Carmela baila na discoteca”
Vales de 15 € para o resto dos participantes:
Noelia Carnota Fernández
Nicolás Carnota Fernández
Laura Ardións Otero
Nerea Aniceto Gundín
Jorge Tomé Camba
Gonzalo Otero
Rocío Tomé Camba
Ismael Rodríguez Ferreiro
Mara Pérez Ferreiro
Daniel Campos Rodríguez
Paulo “Astérix”
Laura Louro Fariña
Mario Mella Sánchez
MODALIDADE ADULTOS INDIVIDUAL(+ 18 anos)
1º Premio (100 € ): Ruben Prieto “Cabaleiro Medieval”
2º Premio (75 €): Rocío Mª Ferreiro “Tío vivo”
MODALIDADE PARELLAS
1º Premio (150 € ): Rubén Gómez Romero “Encantamento máxico”
2º Premio (100 € ): Chus Barreira “Científico de Mariposas”
MODALIDADE GRUPO
1º Premio (200 €): “La Bella y la Bestia”
2º Premio (150 €): “Os 8 ghrandes”
3º Premio (100 €): “AC/DC”
MODALIDADE COMPARSA
1º Premio (300 €): “Brión Estación Central”
2º Premio (200 €): “O Circo da Familia Noyini”
3º Premio (150 €): “O Dragón Chinés”
MODALIDADE CARROZA
1º Premio (200 “La Gran Boda”
2º Premio (150 €): “A hora do Café”
Trala cerimonia de entrega de galardóns, sen dúbida o momento máis emocionante da xornada, o baile de disfraces continuou ao son da orquestra Los Satélites, que coa súa música pecharon un día de intensa diversión, que puxo punto e final por este anos as celebración do Entroido na comarca.
Grazas a todos por participar e parabéns para os gañadores.
Galería de imaxes do Entroido 2012