Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  | Seg>
Separador
A Copa do Mundo e a Eurocopa en Brión
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
28/05/2011 Brión acolle a primeira etapa da Volta Ciclista a Provincia da Coruña
Foros Relacionados
- Non hai

A Copa do Mundo e a Eurocopa en Brión

Casa da Cultura. Concello de Brión

A Copa do Mundo e a Eurocopa, dous dos trofeos máis prestixiosos acadados pola Selección Nacional de Fútbol nos últimos anos, estiveron expostos na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Brión. Preto de duascentas persoas contemplaron algo máis que uns simples trofeos, puideron ver unhas copas que representan en prata e ouro a gloria e o éxito acadado polo deporte español a nivel europeo e internacional, como nunca antes acontecera.

Aínda que a Eurocopa xa é unha vella coñecida, foron varias as xeracións e moitos os anos que houbo que agardar para que a Selección Española de Fútbol acadara o seu primeiro Mundial. Por iso, a importancia simbólica deste evento para moita xente, especialmente os afeccionados ao deporte rei, que esperaban con moita ilusión un trofeo de semellante prestixio.

De aí que, ademais de moitos nenos, acudiran gran cantidade adultos, ilusionados por contemplar uns dos trofeos que máis entusiasmo espertan alí por onde van. A visita prolongouse na mañá do sábado 24 de decembro entre as 10 e as 14 horas, cun goteo de visitantes constante.

Os trofeos, que previamente visitaran o concello pontevedrés de O Grove, abandonaron Brión dirección a Lugo, onde continuaron o seu percorrido por diversos municipios galegos.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela