Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
XXXVI Carreira Pedestre da Amaía
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

XXXVI Carreira Pedestre Popular da Amaía

Infobrion.com

O sábado 6 de outubro, a partires das 17:00 h., a Carballeira de Santa Minia converterase no epicentro do atletismo da comarca da Amaía, grazas á celebración dun dos eventos deportivos con máis tradición na bisbarra. Falamos da XXXVI edición da Carreira Pedestre da Amaía, unha competicion organizada polo Concello de Brión que cada ano convoca participantes chegados de toda Galicia.

Cun novo e mellorado circuíto para a carreira absoluta, de aproximadamente 9,5 km., máis vistoso e rápido e menos duro, a proba tamén contará con varias categorías abertas á participación dos menores de idade. Todos deberán recoller dorsais a partires das 16:00 h.

De novo, a proba estará baixo a supervisión técnica do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e volve a incluírse no Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. As inscricións, que se poderán facer a través da paxina web www.carreirasgalegas.com, custarán 5 euros para os adultos e será de balde para os menores de 12 anos.

Este ano repartiranse máis de 1000 euros en premios e todos os atletas participantes recibirán a tradicional camiseta técnica conmemorativa. Non faltarán os trofeos e os premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta: 200, 170 e 150 euros, respectivamente. Tamén haberá trofeos para os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como para os primeiros clasificados das 8 categorías establecidas. Os premios non serán acumulativos, exceptuando os correspondentes aos empadroados en Brión.

As probas infantís celebraranse na Carballeira de Santa Minia. As categorías dos pitufos e prebenxamíns non serán competitivas, polo que todos os participantes recibirán cadansúa medalla. O Concello de Brión porá a disposición de todos os corredores o pavillón polideportivo para que se poidan duchar, así como un servizo de garda roupa situado na Casa da Cultura.

Toda a información sobre esta proba pode consultarse na seguinte ligazón

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela