Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
XXXV Carreira Pedestre da Amaía
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Os atletas El Mouaziz e Melina Alonso gañan a XXXV Carreira Pedestre da Amaía

Infobrion.com

A Carreira Pedestre da Amaía, unha das probas deportivas máis senlleiras da bisbarra, celebrouse en Brión o pasado sábado 7 de outubro. A competición de atletismo, que forma parte do Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, tivo este ano no máis alto do podio ao marroquí Adelhadi El Mouaziz e a ferrolá Melina Alonso, que se converteron nos gañadores absolutos da proba. O deportista, integrante do Nerja de Atletismo, necesitou 24:59 min. para cubrir o percorrido de 8 km, impoñéndose nunha proba na que tomaron parte 458 atletas.

Completaron a clasificación masculina Akka Essadaoui (25:26 min.) e Carlos Porto (25:37 min.). Melina Alonso (Atletismo Fene) venceu na categoría feminina (29:19 min.), superando a Rocío Alvite (29:45 min.) e Marinela Mayo (30:16 min.), do Sar Petroni. Juan Jesús Barral, José Antonio Vidal e José Ramón Mayo; e María Serramito, Mónica Otero e Cristina Hernández foron os mellores atletas brioneses na clasificación xeral.

A xornada comezou ás 17:00 h. coas carreiras das categorías infantís que se sucederon ata as 18:00 h., momento no que se deu saída á carreira absoluta. Todos as crianzas das categorías pitufo e prebenxamín recibiron unha medalla. O tres primeiros clasificados da proba absoluta, recibiron os seus respectivos trofeos, xunto cun premio en metálico (200, 170 e 150 euros), tanto en categoría masculina como feminina. Tampouco marcharon sen trofeo os tres primeiros homes e mulleres empadroados en Brión, así como os oito mellores en cada categoría. Como agasallo, todos os participantes recibiron unha camiseta técnica.

Parabéns para os gañadores e grazas a todos por participar.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela