Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Novas rutas de sendeirismo para o mes de abril
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O Concello de Brión convoca dúas novas rutas de sendeirismo para o mes de abril

Infobrion.com

O Concello de Brión oferta dúas novas rutas de sendeirismo para o mes de abril. Unha actividade saudable que combina deporte e lecer na natureza, ideal para gozar dunha entretida xornada ao aire libre con familia e amigos.

A primeira das rutas programadas transcorre entre os lugares de Leiro e Carballeda de Avia, na provincia de Ourense. Trátase dunha senda pedestre de aproximadamente 20 km de distancia e dificultade media. A actividade realizarase o sábado 8 de abril, con saída en autobús dende a Carballeira de Sta. Minia ás 8:30 h. A inscrición poderá tramitarse ata as 14: 00 h. do día 6 de abril.

O día 22 de abril está prevista a segunda das rutas, nesta ocasión na provincia da Coruña, entre as localidades de Serra de Outes e Abelleira, cunha distancia aproximada de 18 km. de dificultade baixa. A saída está prevista para as 9:00 h., e o autobús esperará, como de costume, á beira da Carballeira de Sta Minia. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata as 14:00 h. do día 20 de abril.

Para reservar praza, os interesados e interesadas deberán dirixirse á Casa da Cultura de Brión ou chamar ao teléfono 981 50 99 08, en horario de atención ao público. Convocaranse 50 prazas, que se outorgarán por rigorosa orde de inscrición. O prezo é de 8 euros por persoa e ruta. Para confirmar a reserva, será necesario entregar a folla de inscrición correctamente cuberta e asinada. Non se admiten pagamentos conxuntos.

Os participantes na actividade deberán levar comida tipo pic nic para xantar, ademais de calzado e roupa cómodos axeitados para o tipo de actividade.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela