Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Nova ruta de sendeirismo para o mes de marzo
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

En marzo, arranca a campaña de sendeirismo 2017

Infobrion.com

O Departamento de Deportes do Concello de Brión ven de anunciar unha nova ruta de sendeirismo para o mes de marzo. Unha andaina que inaugura a temporada 2017 desta popular actividade.

Consistente nun circuíto circular de aproximadamente 24 km de distancia e dificultade baixa con saída na Carballeira de Santa Minia e destino no Monte San Marcos en Ames, a marcha pedestre transcorrerá a través da ruta da auga, pasará xunto aos muíños de Riamonte, finalizando arredor das 18:00 h. no punto de partida inicial. Será necesario levar comida tipo pícnic para xantar a mediodía.

A actividade está programada para o día 11 de marzo de 2017, ás 10:00 h. A inscrición pode realizarse de balde na Casa da Cultura de Brión dende o 23 de febreiro ata as 14:00 h. do día 10 de marzo. Tamén telefonicamente, chamando ao 981 50 99 69 de 9 a 14 h. (de luns a venres).

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela