Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
XXXIV Carreira Pedestre da Amaía
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Aberto o prazo de inscrición na XXXIV Carreira Pedestre da Amaía

Infobrion.com

O día 1 de outubro vai celebrarse en Brión unha das probas deportivas máis recoñecidas da contorna, a Carreira Pedestre da Amaía. Na súa 34ª edición, esta popular competición organizada polo Concello de Brión propón a participantes e público asistente unha xornada de deporte e lecer que comezará a partir das 17:00 h., adiantando a súa celebración do domingo ao sábado.

A proba, como vén sendo habitual, partirá dende a Carballeira de Santa Minia, cun percorrido total de 8.000 m na categoría adultos. Para os máis pequenos e as máis pequenas, estableceranse distintas categorías e distancias segundo a súa idade.

A proba repartirá premios en metálico para os tres primeiros clasificados/as nas categorías absolutas masculina e feminina. Repartiranse camisetas conmemorativas e disporase de puntos de avituallamento para todos os participantes. En canto a trofeos, vanse entregar medallas a todos os participantes nas categorías pitufo e prebenxamín e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, para os tres primeiros e tres primeiras da Xeral e para os tres primeiros homes e mulleres empadroados no Concello de Brión que crucen a meta.

Para participar na competición, os interesados DEBEN INSCRIBIRSE CON ANTELACIÓN. Poderán facelo na web:
http://carreirapedestredaamaia.blogspot.com.es
antes das 14:00 h. do día 28 de setembro de 2016. Despois non se poderán realizar máis inscricións de ningunha maneira, tampouco o mesmo día da carreira. O prezo da inscrición é de 5 euros para os adultos e de balde ata a categoría cadete.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela