Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Sendeirismo 2016. Xuño-xullo
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Novas rutas de sendeirismo para os meses de xuño e agosto

Infobrion.com

O Concello de Brión propón dúas novas xornadas de sendeirismo para os meses de xuño e xullo. Trátase da Ruta das minas e o ferrocarril en A Pontenova (Lugo) e a Ruta de Cabana de Bergantiños a Laxe.

O sábado 11 de xuño, poñemos as botas de camiñar para abordar un percorrido de 17 km de dificultade baixa polos sendeiros de A Pontenova, un municipio situado na bisbarra da Mariña Oriental, na provincia de Lugo.

No mes de xullo, a ruta pedestre que nos manterá ocupada a xornada do sábado día 9 será a que discorre entre as localidades coruñesas de Cabana de Bergantiños e Laxe, cunha distancia de 22 km e dificultade baixa.

Os autobuses sairán da Carballeira de Santa Minia ás 8:00 h en ámbolos casos. Como a actividade se prolongará ata o serán, será necesario levar comida tipo picnic para xantar. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na actividade chamando ao número de teléfono 981 50 99 08. O prezo é de 10 euros por participante e ruta.

Os prazos de inscrición están abertos ata o día 9 de xuño, para a Ruta da Pontenova e ata o 7 de xullo, no caso da Ruta de Cabana de Bergantiños a Laxe. Para confirmar a praza é necesario entregar a folla de pagamento de taxas correctamente cuberta e asinada, sempre de xeito individual.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela