Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Sendeirismo abril 2016: Monte Pindo
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Ruta de sendeirismo no Monte Pindo para o mes de abril

Casa da Cultura. Concello de Brión

Unha nova ruta de sendeirismo está programada para o mes de abril. Nesta ocasión, o Departamento de Deportes do Concello de Brión ofrece a todos/as os/as interesados/as unha andaina que percorrerá os sendeiros do Monte Pindo e da Fervenza do Ézaro, nunha fermosísima entorna natural situada preto da localidade do mesmo nome, no municipio coruñés de Dumbría.

Cun percorrido aproximado de 22 km., con perfil de dificultade media, a actividade está programada para o sábado 23 de abril. O autobús sairá dende a Carballeira de Santa Minia ás 08:30 h. para conducir aos participantes cara ao lugar de inicio da marcha pedestre.

A andaina prolongarase durante toda a mañá e parta da tarde, polo que será recomendable levar almorzo tipo pícnic. Están convocadas 52 prazas, que se outorgaran por rigorosa orde de inscrición. Esta poderá tramitarse na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 08 ata as 14:00 h. do xoves 21 de abril.

A cota de participación é de 10 por persoa. Para confirmar a praza será necesario entregar copia da folla de taxas correctamente cuberta e asinada polo participante. Non se admitirán pagamentos conxuntos nunha mesma folla.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela