| 07/10/2011 | A Carreira Pedestre da Amaía celebrou unha nova edición |
|---|---|
| 02/09/2011 | A XXIX edición da Carreira Pedestre da Amaia supera os 200 inscritos |
| 07/05/2011 | Piragüismo 2011 en Ponte Insua |
| 19/04/2011 | Celébrase a II Marcha BTT de Os Esfola Arrós |
| 17/03/2011 | I KDD Feninina de Os Esfola Arrós en Brión |
| 04/03/2011 | II Marcha Cicloturística Os Esfola Arrós |
| 26/02/2011 | Presentación en sociedade do libro O fútbol en Brión |
| 22/01/2011 | O fútbol en Brión, unha historia deportiva e social |
| 05/10/2010 | Celebrouse a XXVIII Carreira Pedestre da Amaía |
| 16/09/2010 | XXVIII Carreira Pedestre da Amaía |
| <Ant | 1 2 3 4 5 6 | Seg> |
O pavillón polideportivo municipal será o lugar onde o sábado 14 de xaneiro se celebre o Campionato Galego de Fútbolín 2012. O acontecemento, organizado pola O.N.F. (Organización Nacional de Futbolín) conta coa colaboración do Concello de Brión.
Esta competición deportiva, que vai atraer a Brión parellas de xogadores de toda Galicia e tamén de fóra, consta dunha “Categoría de Élite”, cun primeiro premio de 1000 € máis trofeos, e unha “Categoría Primeira”, cun primeiro premio de 200 € máis trofeos. En cada unha delas haberá ademais premios en metálico e trofeos para os sete seguintes clasificados (2º ao 8º). En total repartiranse case 3000 € en premios entre as dúas categorías.
Como curiosidade desta competición comentar que os xogadores competirán en mesas modelo Fisterra, un deseño realizado en homenaxe ao creador da variante española (xogadores con pernas separadas) deste popular xogo, o galego Alexandre de Fisterra.
Os interesados en inscribirse na competición poderán facelo chamando ao teléfono 647.488.606 coa data límite do 10 de xaneiro. O prezo da inscrición é de 30 € por parella.