Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  7  | Seg>
Separador
Olga Ramos Gende
O pai de Olga, Vicente Ramos, nunha fotografía da ... [+]
Videos
- Non hai
Info Relacionada

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
20/07/2006 InfoBrión achégase Ó Tremo para entrevistar a Olga Ramos Gende Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
13/03/2006 As igrexas de Brión estudiadas polo alumnado do IES Esparís Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
15/06/2004 Coñece a orixe das pontes de Brión Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
21/05/2004 As Torres de Altamira Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
16/10/2003 O Pazo de Armesto
Foros Relacionados

Un recordo para Vicente Ramos, filántropo e fillo predilecto de Brión

InfoBrión

A pesar de ter só 5 anos cando o seu pai morreu, o recordo de Vicente Ramos está moi presente na memoria da súa filla Olga. Pero Vicente Ramos non só marcou a vida dos seus familiares senón que coa súa labor filantrópica a prol do Concello de Brión pasou a formar parte da memoria histórica e colectiva deste municipio, un lugar onde aínda se lle recorda e honra. "O seu pobo era a súa vida", así describe Olga Ramos o amor do seu pai, Vicente Ramos, por Brión. Un sentimento que se viu reflectido nas múltiples obras e infraestructuras promovidas por este brionés, que tiñan como fin mellorar e dar pulo ó Concello. E non hai máis que dar un paseo por Brión para comprobar que o amor de Vicente Ramos foi correspondido. Placas, fontes e incluso un busto e unha avenida honran a memoria deste home xeneroso e altruista. Unha placa conmemorativa recorda a casa onde Vicente Ramos veu ó mundo o 7 de Febreiro de 1870. Neste edificio, onde actualmente se emplaza a farmacia de Pedrouzos, foi tamén o lugar no que este brionés pasou a súa infancia. Durante os duros anos de finais do século XIX e coma moitos outros galegos, Vicente marchou á emigración. Contaba só con 13 anos cando colleu un barco que o levou ata Arxentina na procura dunha vida mellor. Comezou vendendo periódicos na rúa e, cunha mistura de moito traballo e un pouco de sorte, acabou converténdose nun próspero empresario. A primeira compañía de autobuses arxentina foi fundada por el mesmo, colaborou na reconstrucción do Teatro Colón e abriu un negocio moi popular a carón da estación de trens de Bós Aires.

Pero os seus logros empresariais non fixeron que olvidara as súas raíces, ó contrario, Vicente Ramos foi uníndose cada vez máis a Brión, comprometéndose e colaborando no crecimento e prosperidade da zona. O primeiro alumeado do Tremo foi obra súa, ó igual que o espazo da feira de Brión na Carballeira de Santa Minia, que el mesmo mandou acondicionar e a que posteriormente dotaría de fortuna construíndo a fonte de Hermes ou Mercurio, deus do comercio e a gandeiría. Tamén a actual biblioteca e a antiga parte baixa do Concello foron promocionadas por Vicente Ramos, así como o campo do mercado do Tremo onde se encargou incluso de que plantaran árbores.

Simpatizante da causa republicana, Vicente Ramos nunca quixo comprometerse políticamente, algo que, sumado ó respeto que se lle tiña na zona, lle procurou unha situación tranquila tras estala-la Guerra Civil. Xa en 1937 e despois de máis de 13 anos de vida no Tremo sobreveulle a morte por mor dun ataque cardíaco na parroquia dos Ánxeles. Tódala súa labor fíxoo merecedor de múltiples monumentos e homenaxes, pero sobre todo deulle un lugar importante na historia do Concello de Brión.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela