Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
Separador
Obras de acondicionamento na Casa da Cultura
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
04/03/2011 A Biblioteca Municipal moderniza as súas instalacións Separador

Warning: mysql_result() expects parameter 2 to be long, string given in /home2/infobrio/public_html/includes/fichas_relacionadas.inc.php on line 55
05/10/2010 Brión estrea nova Casa Consistorial
Foros Relacionados
- Non hai

Acondiciónase para sala de exposicións o baixo da Casa da Cultura

El Correo Gallego

O Concello de Brión iniciou esta semana os traballos de reforma da planta baixa da Casa da Cultura. O obxectivo é transformar este espazo nunha sala de exposicións que contará cunha superficie de 186 metros cadrados.

Esta intervención, que conta cun orzamento que supera os 10.000 €, pretende dotar á Casa da cultura de "unha superficie expositiva totalmente diáfana onde albergar calquera tipo de exposición artística". As instalacións quedaron baleiras o pasado mes de maio co traslado da biblioteca municipal á antiga Casa Consistorial.

As obras, que teñen un prazo de execución dun mes, prevén o revestimento das paredes interiores e a instalación de focos halóxenos. A actuación completarase co peche de varias das fiestras exteriores para gañar algo máis de espazo expositivo.

O obxectivo do Concello de Brión é inaugurar as novas dependencias culturais coincidindo coas festas de Santa Minia, máis concretamente o día 23 de setembro.
Precisamente será esta a temática da primeira mostra que se poida ver na nova sala de exposicións. O Departamento de Cultura brionés está a traballar na recompilación de carteis anunciadores da celebración máis grande do municipio do último medio século, co fin de realizar un repaso á evolución dos festexos ao longo do últimos cincuenta anos.

[Fonte: El Correo Gallego, 7/07/2011]

Ligazón coas novas na prensa:
El Correo Gallego
La Voz de Galicia

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela