Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  | Seg>
Separador
O cine Mahía de Brión
Vista en detalle do retroproxector [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Emilio García, un dos fundadores do Cine Mahía de Brión

Yolanda García. GIS-T IDEGA. USC

Emilio García é un octoxenario natural de Brión que estudio dereito e foi xuiz en Ames amais de dirixir unha explotación de gando. Tivo 22 irmás e 13 deles morreron pola gripe. Detaca na súa vida a herdanza millonaria que recibíu de Cuba e feito histórico de ser un dos fundadores do Cine Mahía de Brión no 1949.

Emilio García foi xunto con outros dous socios (Caramés e Esparís), o fundador do cine “Mahía” en Brión. Abriu as súas portas no ano 1949 e durante dúas décadas na súa pantalla proxectáronse con grande éxito centos de películas de tódolos xéneros cinematográficos nas que os mozos e mozas do concello puideron contemplar, nos noventa minutos de cada proxección, os mundos de fantasía que se tecían en torno ás innumerables historias de heroes e viláns de tódalas épocas e condicións. Pechou as súas portas no ano 1965. Segundo conta Emilio, el era o que se encargaba de ir a contratar as películas a Vigo e a Coruña. Emilio tiña unha granxa con gando e algunhas ocupacións máis co cal non lle era posible seguir ó fronte do cine.



Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela