Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  4  5  6  7  | Seg>
Separador
Galardoados Novos Valores 2011
 [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

O certame Novos Valores xa ten gañadores e finalistas na súa oitava edición

Casa da Cultura. Concello de Brión

O Certame de Pintura do Concello de Brión, Novos Valores 2011, que este ano acadou a súa oitava edición, deu a coñecer aos seus gañadores e finalistas nun acto que se celebrou o venres 17 febreiro no Centro Social Polivalente de Brión.

A cerimonia estivo presidida por D. Xosé Luís García, alcalde-presidente do concello, e D. José Luis Antuña Álvarez, director xeral de Feiraco, cuxa Fundación patrocina o certame dende a súa creación. Na mesa tamén estiveron Dna. Patricia Vázquez Lamas, concelleira de Cultura; Alberto Álvarez, técnico de Cultura, e o pintor D. Alfonso Costa, en representación do xurado.

Pouco despois das 20:30 h. deuse lectura á acta co veredicto, sen dúbida, o momento máis esperado da velada. Nela, o xurado composto por Dona Silvia García González, vicedecana de cultura e relacións institucionais da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Dona María Xesús Díaz, artista; D. Xosé Vizoso, ilustrador e deseñador de cerámica de Sargadelos; D. Xosé Vázquez Castro, artista; D. Alfonso Costa, artista e D. Alberto Álvarez, técnico municipal de Cultura, en calidade de secretario, escolleu aos gañadores e finalistas do certame.

::Coma sempre, unha difícil decisión::

Dun total de 69 obras presentadas, de novo cifra record para un concurso que supera ano tras ano os seus niveis de participación, o xurado excluíu dez cadros por non adaptarse ás bases do certame.
Tras unha primeira deliberación, seleccionou 1 obra da categoría A e 21 obras da categoría B, que foron incluídas no catalogo e xa forman parte da mostra que ata o vindeiro 16 de marzo se poderá visitar na Sala de Exposicións do Concello de Brión.

Nunha nova deliberación, e tras o reconto dos votos emitidos, o xurado acordou conceder por unanimidade os seguintes premios:

::Premiados na VIII edición de Novos Valores::

Categoría A: de 14 a 17 anos

1° premio, deserto

2° premio, dotado con 400,00 euros e diploma acreditativo, á obra presentada por
Jairo Ramos Rey, de Chantada. Título: “Revolución Africana”

Categoría B: de 18 anos en diante

1° premio, dotado con 1.500,00 euros e diploma acreditativo, á obra presentada por
Diego Vites García, de Lugo. Título: “Familia IV”

2° premio, dotado con 1.000,00 euros e diploma acreditativo, á obra presentada por
Beatriz Seijo Lamas, de Fene. Título: “Ángel”

Así mesmo, resultaron finalistas, recibindo un diploma acreditativo, as obras presentadas por:

Raquel Iglesias Gándara de O Porriño
Eduardo Pérez Baamonde de Vilalba
Carla Lojo Vieito de Santiago de Compostela

::Exposición coa obra seleccionada::

Dende o 17 de febreiro ata o 16 de marzo a Sala de Exposición do Concello de Brión, situada na planta baixa da Casa da Cultura, acollerá unha mostra coa obra seleccionada, que poderá ser visitada en horario de atención ao público. Nela poderanse ver as obras de Álvaro Díez Delgado, Ana Pérez Ventura, Beatriz Seijo Lamas, Carla Lojo Vieito, Carlota Bueno Hermida, Carmen Rivas Fraga, Chema Senra, Diego Vites García, Eduardo Baamonde, Francisco Iglesias Vieitez, Francisco Maceira Rodríguez, Garikoitz Bilbao Marina, Gema López González, Iago Eireos, Israel Jiménez Medina, Jairo Ramos Rey, Lidia Carrión, Lúa Gándara, María Eiras, Montse Frieiro Dantas, Olmo Blanco Fuentes e Salvador Neira Lorenzo

Para ver o catálogo da Exposición preme nesta ligazón

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela