Infobrion Correo Electrónico
Imaxes Imaxes
<Ant | 2  3  | Seg>
Separador
Novos valores 2007
Ana Vázquez de la Iglesia, 19 anos, Porto do Son -... [+]
Sons
- Non hai
Videos
- Non hai
Info Relacionada
- Non hai
Foros Relacionados
- Non hai

Catro mulleres copan os premios do IV certame de pintura

Concello de Brión

As obras gañadoras e unha selección de todas as presentadas conforman unha exposición que se poderá visitar no Hotel Balneario Compostela ata o 31 de marzo
O alcalde de Brión, José Luis García, presidíu a entrega de premios da cuarta edición do certame de pintura “Novos Valores”, que foron gañados por catro mulleres de catro concellos diferentes de Galicia. Un premio que “é unha forma moi interesante de dalos a coñecer ao mundo”, explicou o alcalde brionés durante o acto de entrega dos premios, ao que asistiron máis de medio cento de persoas.
A gañadora da categoría A, para idades entre 14 e 19 anos, foi Ana Vázquez de la Iglesia, de Porto do Son, cunha obra de carácter realista titulada “Soledad o libertad”. A finalista foi Andrea Robatto Sánchez, de Vilagarcía, por unha obra abstracta chamada “Mientrientras”.
Na categoría B, para idades entre 20 e 30 anos, a gañadora foi María Escurís Villanustre, de Riaxo, cun fermoso paisaxe de campo chamado “Supervivinte”. A finalista foi Minia Segunda Martínez Seijas, de Vigo, coa súa obra “Nacemento dun pobo”. Todas elas recolleron esta noite o seu diploma acreditativo e un premio en metálico de 600 e 400 euros, para gañador e finalista. A única ausente foi Martínez Seijas, cuio premio foi recollido pola súa nai.

Calidade dos traballos
O voceiro do xurado, Xosé Daniel Buján Núñez, destacou a alta calidade dos traballos presentados e lanzou unha mensaxe de ánimo a tódolos artistas presentes dicindo que “hai obras que merecen excelentes valoracións, polo que a constancia no traballo pode conducirvos a cotas moito máis altas”. Un punto no que tamén coincidíu o director xeral de Feiraco, José Luis Antuña Álvarez, quen lles desexou aos xóvenes artistes “un dobre éxito: pintar e ser recoñecidos”.
Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Brión, Patricia Vázquez Lamas, destacou que “en Brión entendemos a Cultura como un espazo de liberdade e de tolerancia, porque contribúe ao progreso económico e á innovación, e proxecta a nosa presenza e forma de vida no mundo”. Patricia Vázquez felicitou aos gañadores, desexándolles que este premio “lles sirva de incentivo á súa vocación artística e de lanzadeira para vindeiros retos”.
As obras gañadoras e unha selección das presentadas a esta cuarta edición do certame “Novos Valores” conforman unha exposición que foi inaugurada esta noite e que poderá visitarse de xeito gratuito no Hotel Balneario Compostela (O Tremo – Brión) ata o vindeiro 31 de marzo.

Envíalla
© 2006. Infobrion.com    |
Proxecto elaborado polo grupo de investigación Gis-T en colaboración co grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela.
Patrocinio económico do Ministerio de Ciencia y Tecnología e programa PRODER-II. Proxecto SINDUR Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional (SEC-2002/01874)
Coa colaboración de:     |
Unión EuropeaMinisterio de Educación y CienciaMinisterio de Agricultura Pesca y AlimentaciónXunta de GaliciaFondo Galego de Garantía AgrariaAgaderConcello de BrionFundación Germán Sánchez RuipérezUniversidade de Santiago de Compostela